|
Benvidos a nosa páxina!
Todos os foles que ides ver de contado foron cosidos e están feitos a man con peles da mellor calidade.
Traballamos axustandonos os teus gustos, de xeito que podamos facer o fol que máis se achegue as túas necesidades. Por esta razón será benvida calquera suxestión encol das medidas, colores, formas, etc.
Neste intre estamos traballando con pel de vacún, ovino e cabrún. Na foto tedes unha mostra dun dos nosos traballos en pel de cabra; deste xeito queremonos aproximar aos foles de cabrito que se facían antes, pero axustándonos máis as medidas que o cliente prefira. Esta pel está curtida con métodos naturais, igual que os foles con pelo que poderedes ver na sección do este de Europa.
Todos os traballos teñen dez anos de garantía.
Coma veredes non todo está traducido do inglés pero pronto o estará... gracias pola vosa paciencia.
|